O SOLIFEST Bate Récords E Fai Historia No Piñeiriño

O noso barrio volveu facelo. A terceira edición do SOLIFEST non só foi un éxito desbordante de público, senón que acaba de confirmarse como un fito histórico de solidariedade para a nosa comunidade.

Nun acto celebrado no Centro Princesa Letizia de Vilagarcía de Arousa, a organización fixo entrega dun cheque por valor de 11.438,15 euros destinados ás persoas usuarias de Amencer-ASPACE. Para que vos fagades unha idea do incrible que é isto: pasamos de recadar 2.275 euros na primeira edición a case 8.000 na segunda, e este ano incrementamos a cifra nun 43,3%!

CARA ONDE VAI O NOSO ESFORZO?

Cada euro que doastes consumindo e participando ten un obxectivo vital. Este ano, os fondos investiranse integramente en programas especializados que melloran o día a día das persoas con parálise cerebral tales como terapia asistida con cans, sesións de piscina adaptada e sesións de hipoterapia.

A maiores, unha parte importante da recadación irá destinada a un fondo común para a financiación de sesións de rehabilitación dirixidas a aquelas persoas usuarias que contan con menos recursos económicos.

Durante a entrega, David Carrera, director do centro, deixounos unhas palabras que resumen por que facemos isto: “Grazas a esta edición do SOLIFEST axúdadosnos a facer posible un millón de sorrisos e a seguir cumprindo metas e soños”. E o máis importante de todo: conseguimos unha integración real, facendo que os usuarios se sintan cidadáns e cidadás máis da nosa sociedade.

UN ÉXITO DE TODA A TRIBO

Esta cifra récord certifica o éxito absoluto da convocatoria, pero nada disto sería posible sen o apoio incondicional de moita xente. Queremos agradecer de corazón a todos os artistas e negocios locais que colaboraron de xeito altruísta.

Tamén agradecemos o respaldo imprescindible do Concello de Vilagarcía de Arousa, da Deputación de Pontevedra, e de todas as organizacións políticas locais (PSdeG-PSOE, PP, BNG e Esquerda Unida) que demostraron que o traballo conxunto entre institucións e movemento veciñal funciona.

NON HAI TRES SEN CATRO: PREPARADOS PARA O 2027!

A maquinaria non para, e como as boas novas veñen de tres en tres, xa temos os ollos postos no futuro. Apuntade a data: a cuarta edición celebrarase o domingo 18 de abril de 2027 no que con orgullo chamamos “o mellor barrio do mundo”, O Piñeiriño.

E para que a espera non sexa tan longa, xa temos as primeiras confirmacións : a agrupación Froallo e os DJs Carlos Crespo e Kris K Dj. Eles levan connosco dende o principio, poñendo banda sonora ao barrio cando só eramos unha pequena tarima cunha sombrilla.

Agora somos un dos mellores festivais de Galicia, que seremos o ano que vén?. Vémonos no 2027!

Últimas publicaciones

  • O SOLIFEST Bate Récords E Fai Historia No Piñeiriño
    O SOLIFEST Bate Récords E Fai Historia No Piñeiriño

    O Solifest 2026 fai historia no Piñeiriño! Batemos todos os récords cunha recadación histórica de 11.438,15 euros que irán destinados integramente aos usuarios de Amencer-ASPACE. Descobre todos os detalles desta incrible fazaña solidaria e as primeiras grandes novidades, con data e artistas confirmados, para a cuarta edición do 2027. O mellor barrio do mundo non…

  • O Piñeiriño Desbórdase: A Edición Máis Multitudinaria e Emocionante Do SOLIFEST
    O Piñeiriño Desbórdase: A Edición Máis Multitudinaria e Emocionante Do SOLIFEST

    O Piñeiriño bate récords! A terceira edición do SOLIFEST desbordou todas as expectativas con milleiros de asistentes, 16 barrís de cervexa esgotados e momentos de emoción pura con Maneiro e Amencer-ASPACE. Descubre a crónica dunha xornada histórica de integración e orgullo de barrio.

  • Luis Zahera e o Alcalde Activan a Conta Atrás ao Ritmo de David Bowie
    Luis Zahera e o Alcalde Activan a Conta Atrás ao Ritmo de David Bowie

    O Solifest entra na recta final! O actor Luis Zahera e o alcalde Alberto Varela protagonizan o noso último e tolo vídeo promocional a ritmo de David Bowie. O domingo 19 de abril agardan 12 horas de música, gastronomía, cortes solidarios e moito máis no Piñeiriño a favor de Amencer-ASPACE. Veste bailar?

Categorías