MOITO MÁIS QUE UN SIMPLE FESTIVAL

o 19 de abril foi un gran día

–

temos o mellor público do mundo

SOBRE O FESTIVAL

MÚSICA POR UNHA BOA CAUSA

SOLIFEST é moito máis que unha data no calendario, é o gran vermú solidario que une ao barrio de O Piñeiriño e a toda Vilagarcía cun propósito común. En este 2026, celebraremos con orgullo nosa terceira edición, consolidando un evento que naceu da ilusión e o compromiso compartido entre a Asociación de Veciños e Amencer-ASPACE.

O que nos move é claro: converter a música, a gastronomía e a festa en recursos reais para quen máis o necesitan. Todo o recadado durante o festival destínase integramente a financiar os programas de o Centro de Atención Integral Princesa Letizia de Amencer-ASPACE, así como a soster o labor diario da asociación. A túa participación transfórmase directamente en terapias, tratamentos médicos, equipamento especializado e actividades recreativas que melloran a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.

Pero o noso obxectivo vai máis aló da recadación. SOLIFEST busca ser un altofalante de sensibilización e concienciación, creando un espazo de encontro onde a diversión convive coa visibilidade. Queremos romper barreiras e prexuízos, demostrando que a inclusión é posible e necesaria.

RECADACIÓN

no 2026 RECADAMOS

11.438,15 EUROS 

DESTINADOS A Terapias asistidas e actividades de ocio inclusivo Para Os usuarios de AMENCER-ASPACE

O NOSO BLOG

ÚLTIMAS NOVAS