Música Por Unha Boa Causa

Un barrio unido por unha Boa causa

O Piñeiriño SOLIFEST é moito máis que un festival. É un punto de encontro, unha celebración colectiva e unha mostra do que pode lograr unha comunidade cando se une por unha boa causa. Naceu no barrio de O Piñeiriño, en Vilagarcía de Arousa, impulsado pola ilusión compartida da Asociación de Veciños e Amencer-ASPACE, cun obxectivo moi claro: transformar a música, o lecer e a convivencia en apoio real para as persoas con parálise cerebral.

Desde a súa primeira edición, SOLIFEST concibiuse como un vermú solidario, próximo e accesible, pensado para todos os públicos. Un evento onde familias, amigos, veciñas e visitantes reúnense para gozar da música en directo, a gastronomía e as actividades ao aire libre, sabendo que cada xesto suma e ten un impacto directo.

UnHa historia que MEDRA con cada edición

Este 2026 celebraremos con orgullo a terceira edición de SOLIFEST, consolidando un proxecto que foi crecendo ano tras ano grazas ao apoio do barrio, do tecido asociativo e de numerosas empresas e entidades locais.

A segunda edición, celebrada en 2025, supuxo un punto de inflexión: centos de persoas encheron O Piñeiriño nunha xornada festiva e inclusiva, demostrando que a solidariedade tamén pode ser alegre, próxima e compartida. Grazas á participación de artistas locais, voluntariado, comercios e administracións públicas, SOLIFEST logrou recadar fondos destinados a mellorar equipamentos e terapias do Centro de Atención Integral Princesa Letizia, ademais de reforzar a visibilidade social da parálise cerebral.

SOLIFEST non só crece en cifras, senón tamén en implicación, conciencia e sentimento de pertenza.

Un festival cun propósito claro

Todo o recadado durante SOLIFEST destínase integramente a apoiar o labor de Amencer-ASPACE, financiando programas, servizos e recursos esenciais para persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores.

Pero o impacto do festival vai máis aló do económico. SOLIFEST é tamén un altofalante de sensibilización, un espazo onde rompen barreiras e xéranse conversacións necesarias sobre inclusión, diversidade e respecto. Queremos que quen asiste non só gocen dunha xornada inesquecible, senón que leven unha mirada máis empática e consciente.

Un evento inclusivo e para toda a comunidade

SOLIFEST está deseñado como un evento aberto, accesible e inclusivo, onde todas as persoas, independentemente das súas capacidades, poidan participar e sentirse benvidas. A programación combina música en directo, actividades infantís, propostas gastronómicas e accións solidarias, creando un ambiente festivo no que conviven xeracións, realidades e experiencias distintas.

A implicación de artistas, voluntariado, negocios locais e administracións públicas converte o festival nun verdadeiro proxecto comunitario, fortalecendo os lazos do barrio e fomentando unha cultura de lecer solidario en Vilagarcía de Arousa.